luns, 3 de outubro de 2022

SUPERCOPA GALEGA DE WATERPOLO

                                                                                
A pasada fin de semana, 1 e 2 de outubro, celebrouse, na piscina Rosario Dueñas de Ourense, a Supercopa Galega de Waterpolo, iniciando de este xeito a tempada 2022/2023.

O sábado, día 1, xugouse, as 18:30 horas, o partido na categoría feminina absoluta ente o CW Pontevedra e o CW Coruña Rías Altas. O resultado final foi de 12 a 2 para o club Pontevedrés.

O día seguinte, domingo día 2,  xugouse, as 11;30 horas, o partido na categoría masculina absoluta entre o CW Santiago e o CW Pabellón Ourense. O resultado deste encontro foi de 14 a 9 para o club santiagués.

Os nosos parabéns para as campionas e os campións!!!







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario